Friday 17 de May de 2024

O espectáculo ‘Suaren Bataila’ chegará a Camariñas para celebrar o Samaín


· Terá lugar o domingo 30 de outubro ás 19 horas na praza do concello e a partir das 18 horas haberá inchables.

· A comisión de Festas do Carmen terá un posto de chocolate con churros e castañas asadas.

O Concello de Camariñas celebrará o Samaín o domingo 30 de outubro co espectáculo de ‘Suaren Bataila’, da compañía Hípica Celta, que terá lugar a partir das 19 horas na praza do concello.

‘Suaren Bataila’ é un espectáculo maxistral con seres infernais que desexan acabar co mundo tal e como o coñecemos e que combina diferentes técnicas de lume, interpretación, danza e aéreos.

Antes, a partir das 18 horas, haberá inchables para os máis pequenos. A demais, a comisión de Festas do Carmen terá un posto de chocolate con churros e castañas asadas.